Rebelde Way

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rebelde Way
Formato Telenovela xuvenil
Creado por Cris Morena
Intérpretes Benjamin Rojas
Luisana Lopilato
Felipe Colombo
Camila Bordonaba
Diego García
Arturo Bonín
Tema de apertura Tiempo, Erreway
País de orixe Flag of Argentina.svg Arxentina
Episodios 316 en 2 tempadas
Produción
Duración 50 minutos aprox.
Emisión orixinal
Canle de orixe Cuatro
Formato de imaxe 720p HDTV
Emisión 26 de maio 200218 decembro de 2003
Ligazóns externas
Páxina web


Rebelde Way é unha serie arxentina que viu a luz o 26 de maio de 2002 na canle arxentina Azul TV, que despois pasou a chamarse Canal 9, ata agosto de 2003, cando se trasladou a América TV. Unha idea orixinal de Cris Morena e producido pola súa empresa, Cris Morena Group, e a israelí Yair Dori Internacional, agora Dori Media Group, ten un total de 316 capítulos divididos en 139 na primeira tempada e 177 na segunda tempada. A serie chegou ao seu fin en decembro de 2003, despois de arrasar por todo o país natal, gran parte de Latinoamérica e Israel.

Ademais da emisión no seu país de creación, a serie púidose ver en case toda Latinoamérica, Israel, Ucraína, Rusia, ademais outros moitos países de Europa central.

Argumento[editar | editar a fonte]

Primeira Tempada[editar | editar a fonte]

A serie conta as vivencias duns adolescentes estudantes internos nun colexio en Bos Aires, Arxentina, chamado Elite Way School destinado aos fillos das familias máis poderosas e con maior nivel adquisitivo do país. Por outra banda, existe un método de becas no cal o aspirante a ingresar na devandita institución realiza un exame, dependendo deste a súa incorporación ao establecemento. Non obstante, un grupo de estudantes cuxo único interese é marxinar e excluír aos becados, denominado A Loxia, realiza maquiavélicas trampas e demais estratexias para conseguir a expulsión destes.

A historia céntrase en catro estudantes do Elite Way School: Mía Colucci (Luisana Lopilato), Pablo Bustamante (Benjamín Rojas), Marizza Pía Spirito (Camila Bordonaba) e Manuel Aguirre (Felipe Colombo) que, por amor á música e a pesar das súas diferenzas, forman unha banda musical, Erreway, a escondidas dos profesores os cales tenta coartar a súa creatividade e capacidade de expresión.

Segunda Tempada[editar | editar a fonte]

A segunda tempada comeza co regreso das vacacións de verán dos rapaces do Elite Way. A banda Erreway reafírmase, e fan concertos polo país coa ilusión de gravar un disco que os leve á fama.

Non poden estar ausentes as historias de amor e nesta tempada os amores e desamores son máis intensos ca nunca, os rapaces xa creceron e séntense diferentes. As parellas de Pablo e Marizza, Mía e Manuel, pasan por altos e baixos acadando que triunfe o amor por encima de todos os obstáculos.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Protagonistas[editar | editar a fonte]

Personaxes secundarios[editar | editar a fonte]

Rapaces:

Adultos:

Emisión en España[editar | editar a fonte]

Rebelde Way comezou a emitirse en España en Localia no verán do ano 2005, na franxa horaria da media tarde. Simultaneamente tamén o fixeron cadeas de televisión por satélite, como ocorreu coa cadea xuvenil Jetix, de Dixital +.

Ante o éxito colleitado nesas cadeas e o recoñecemento da serie en países como Israel, comezou a emitirse en Cuatro o 13 de marzo do 2006 ás 15:30 con malos rexistros de audiencia. Ante isto, a canle nacional trasladou a serie ás mañás dos fins de semana. Ese mesmo verán a serie comezouse a emitir tódolos días nas mañás, obtendo magníficos resultados[Cómpre referencia].

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]