Real Conservatorio da Haia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Real Conservatorio

O Real Conservatorio da Haia (en holandés: "Koninklijk Conservatorium Den Haag") é un conservatorio superior de música e danza situado na localidade d'A Haia (Países Baixos) e que é unha das principais institucións musicais do país.

O Conservatorio[editar | editar a fonte]

O Conservatorio foi fundado por Guillerme I dos Países Baixos en 1826. Nos seus anos de existencia, o Conservatorio medrou en recoñecemento internacional.

Cursos[editar | editar a fonte]

O Real Conservatorio ofrece cursos de "Bachelor" (Equivalente a un título superior de música en españa) e Masters nas seguintes áreas:

  • Música clásica.
  • Música antiga.
  • Jazz.
  • Sonoloxía.
  • Imaxe e Son.
  • Gravación.
  • Composición.
  • Ballet.
  • Ópera.

Ligazóns[editar | editar a fonte]