Reacción de Cushing
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A reacción de Cushing é unha resposta automática do sistema nervioso central que se inicia cando a presión do líquido cefalorraquídeo no interior do cranio é demasiado elevada. Un aumento importante da presión do LCR pode facer que se iguale coa tensión arterial e interrumpir a circulación sanguínea cerebral. Cando o fluxo arterial cae a cero, prodúcese o reflexo de Cushing, que eleva a presión arterial ata superar a presión do LCR. Deste xeito, iníciase de novo a perfusión cerebral.
O reflexo protexe os centros vitais, evitando que cese o aporte de osíxeno e polo tanto se produza a necrose do tecido nervioso.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Tradado de Fisiología Médica. Guyton. Undécima edición. ISBN 84-8174-926-5 (en castelán)