Ramón Osorio Pita
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1859 |
Morte | 2 de outubro de 1938 (78/79 anos) Lugo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Ramón Osorio Pita da Veiga, nado cara a 1859 e finado en Lugo o 2 de outubro de 1938, foi un agrarista e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Orixinario de San Pedro de Láncara. Fillo de Juan Diego Osorio de Albaredo Pardo de Aguiar e Amalia Pita da Veiga Becerra. Foi vicepresidente da I Asemblea Agraria de Galicia. Foi concelleiro de Lugo polo Partido Conservador. Finou en Lugo o 2 de outubro de 1938 aos 79 anos.[1]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en primeiras núpcias con Dolores Pedrosa Pérez de Porras e foi pai de Gonzalo, Agustín, Ramón, José, Paz, Mercedes, Amalia, Ramona e Antonio Osorio Pedrosa. Volveu casar con Pilar López Cantabrana, que finou en 1923,[2] e foi pai de María, Luis e Purificación Osorio López.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Peinado, Narciso (1951). "Los descendientes del héroe de Pavia, D. Alonso Pita da Veiga". Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo IV (36): 274–275.