Raja Club Athletic

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Raja
Nome Raja Club Athletic
Fundación 1949
Estadio Mohamed V,
Casablanca, Marrocos Flag of Morocco.svg
Inauguración 1951
Capacidade 67.000
Presidente Flag of Morocco.svg Abdessalam Hanat
Adestrador Francia Bertrand Marchand
Liga Liga marroquí de fútbol
Vestimenta Lotto
Patrocinador Siera
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra
Terceira

O Raja Club Athletic (ou Raja Casablanca) é un club deportivo da cidade marroquí de Casablanca, fundado en 1949, mais coñecido polos éxitos da súa sección de fútbol. Considerado un equipo do pobo, durante moitos anos tivo fama de practicar bo fútbol sen acadar títulos. Non obstante, a súa sorte cambiou a partir de finais dos anos 80. Nos últimos 20 anos tense convertido nun dos equipos máis laureados de África.

O Raja (Raja significa esperanza) xoga os seus encontros como local no Stade Mohamed V de Casablanca, un estadio con capacidade para acoller 70.000 seareiros, o cal ten que compartir co seu gran rival, o Wydad Athletic Club.

A cor do club é o verde, que leva na camisola, no pantalón e nas medias.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Títulos nacionais[editar | editar a fonte]

  • Liga marroquí de fútbol (11) = 1988, 1996, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2004, 2009, 2011, 2013
  • Copa de Marrocos (7) = 1974, 1977, 1982, 1996, 2002, 2005, 2012

Títulos internacionais[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]