Río Inagh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Inagh
Desembocadura do río Inagh no Atlántico en Lahinch.
PaísIrlanda Irlanda
NacementoKnockadangan, condado de Clare
Lonxitude36,61 km
DesembocaduraOcéano Atlántico en Lahinch

O río Inagh ou río Cullenagh, (en irlandés An Eidhneach) é un río irlandés que flúe a través do condado de Clare, no oeste do país. Converxe co río Dealagh e desemboca na baía de Liscannor en Lahinch despois de atravesar o campo de golf da vila e a ponte O'Brien.[1] As ruínas do castelo Dough atópanse á súa beira.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Beach, Russell (1976). AA, ed. AA touring guide to Ireland. p. 89. ISBN 978-0-09-127020-9.