Río Barragán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Barragán
O río Barragán, ao seu paso por Oitavén, Fornelos de Montes.
PaísEspaña España
rexiónGalicia Galicia
Desembocadurarío Oitavén

O río Barragán ou río Freaza[1] é un río afluente do Oitavén que forma o límite entre os concellos de Fornelos de Montes e Pazos de Borbén.

Senda da Fraga do Barragán[editar | editar a fonte]

O río Barragán e a súa fraga acollen un itinerario para sendeirismo pendente de homologación pola Federación Galega de Montañismo co número PR-G 164 Senda da Fraga do Barragán.

Destaca a devandita fraga, ás marxes finais do río Barragán, antes do encoro de Eiras, que se caracteriza por un estreito val cun bosque de ribeira ben conservado. Tamén cómpre salientar elementos etnográficos e culturais como as levadas, os muíños, os pasos ou pasales, as pontes e pontellas, muros de todo tipo, camiños enlousados e, especialmente, os restos do castro da Cidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Río Freaza en Ana M. Campos Gómez e Francisco Novoa Doce (2006): Los Carabidae (orden Coleoptera) de Galicia (N.O. de España): catálogo, distribución y ecología. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 978-84-9750-629-8.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.