Río Ahja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Ahja

O Ahja é un río de Estonia de 103.4 km de lonxitude que nace no lago Erastvere no concello de Opetää e desemboca no Emajõgi. A súa conca é de 1074 km² e no seu tramo inferior o río é navegable, en 1952 construíuse no tramo medio do río, a central hidroeléctrica de Saesaare. No seu curso están os espazos protexidos de Tillerou e o Val do Ahja, este último cos seus característicos afloramentos de arenita. Os principais afluentes pola dereita son o Lutsu e Orajõgi e pola esquerda Hilba e Leevi.

Afloramento de arenita no curso do Ahja