Quentador solar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Quentador solar

Un quentador solar é un aparello que utiliza a calor do sol para quentar algunha substancia, como pode ser auga, aceite, salmoira, glicol ou incluso aire. O seu uso máis frecuente é para quentar auga para servizos sanitarios (duchas, baños, lavado da roupa etc.) tanto en ambientes domésticos como hoteis. Son sinxelos e resistentes, e poden ter unha vida útil de até 20 anos con moi pouco mantemento. Recoméndase limpar o colector cada 4 ou 6 meses para aumentar a súa eficiencia e vida útil.

En moitos climas un quentador solar pode diminuír o consumo enerxético utilizado para quentar auga. Tal diminución pode chegar a ser de até 50%-75% ou incluso 100% se se substitue completamente, eliminando o consumo de gas ou electricidade. Así e todo, en moitos países en vías de desenvolvemento con climas moi propicios para o uso destes sistemas, non os utilizan debido ao custo inicial.

A eficiencia para captar a enerxía solar é moi elevada nos quentadores solares. Dependendo da tecnoloxía e materiais implementados, pode chegar a ter eficiencias de 70% ou 80%. Non debemos confundir o quentador solar co panel fotovoltaico, o cal non se utiliza para quentar substancias, senón para xerar electricidade a partir da luz.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]