Queilodactílidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nemadactylus douglasii
Cheilodactylus zonatus

Os Queilodactílidos (Cheilodactylidae) son unha familia de peixes mariños pertencente á orde Perciformes. O nome débese ó grego cheilos, labio, e daktylos, dedos, e fai alusión ós labios grosos.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

Presentan un corpo alargado e comprimido, con tamaños máximos de 1 metro de lonxitude. Boca pequena pero labios grosos. Teñen unha única aleta dorsal aparentememte dividida en dúas partes, unha primeira con 14-22 radios espiñosos e unha segunda con 19-39 radios brandos. A anal ten tres espiñas e 7-19 radios brandos. As pectorais dos exemplares adultos teñen os 4-7 radios inferiores libres e longos.

Hábitat e bioloxía[editar | editar a fonte]

A familia distribúese polo hemisferio sur (Atlántico, Pacífico e Índico), e algunhas zonas do hemisferio norte, como Xapón, China e Hawai.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Divídese en 5 xéneros e un número de especies que varía entre 16 e 26, segundo os distintos autores:

  • Xénero Cheilodactylus, Lacepède 1803
  • Xénero Chirodactylus, Gill 1862
  • Xénero Dactylophora
  • Xénero Nemadactylus
  • Xénero Sciaenoides, Richardson (ex Solander) 1850 (nome dubidoso)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Queilodactílidos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Queilodactílidos