Saltar ao contido

Proxecto Hessdalen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Proxecto Hessdalen é un proxecto de investigación sobre os avistamentos de luces no val de Hessdalen, as chamadas luces de Hessdalen ou, no medio de Noruega, que aconteceu vigorosamente entre 1981 e 1984. Actualmente o fenómeno decreceu en frecuencia, aínda que existe unha estación de control automatizada no val dende 1998.

As luces comezaron a aparecer en 1981, e o Proxecto estableceuse no xuño de 1983. Nel implicáronse xente da Universidade de Oslo e de Bergen. Os primeiros traballos de campo con instrumentos precisos realizáronse do 21 de xaneiro até o 26 de febreiro de 1984, e durante eles contabilizáronse 53 fenómenos lumínicos. Os traballos tamén se repetiron no inverno de 1985, mais non se presentou o fenómeno.

O coordinador do Proxecto é Erling Strand, da Universidade de Østfold.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]