Presidente de Fidxi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Presidente da República de Fidxi
Estandarte presidencial

Residencia[[Casa do Goberno (Suva) |Casa do Goberno]], Suva
Designado porParlamento de Fidxi
Duración3 anos
Creación5 de decembro de 1987
Primeiro titularPenaia Ganilau

O presidente da República de Fidxi é o xefe de estado de Fidxi. O presidente é designado polo Parlamento de Fidxi para un mandato de tres anos segundo os termos da Constitución de Fidxi de 2013.[1] O seu papel no goberno é principalmente cerimonial, pero conta con importantes poderes de reserva que pode exercer en caso de crise. Ademais, o presidente é comandante en xefe das Forzas Armadas de Fidxi.

Historia do cargo[editar | editar a fonte]

O cargo de presidente foi establecido a raíz de dous golpes militares en 1987 que levaron á proclamación dunha república o 7 de outubro, poñendo fin á monarquía de Fidxi. O xeneral maior Sitiveni Rabuka, cerebro dos golpes de estado, formou un goberno militar interino encabezado por el. Non obstante, non tomou o título de presidente e o 5 de decembro nomeou a Penaia Ganilau, último gobernador xeral, como primeiro presidente da república.

No ano 2000 produciuse un golpe civil, instigado por George Speight. O presidente Kamisese Mara dimitiu o 29 de maio en vez de abolir a Constitución, tal e como solicitaran os militares, apoiados polo Tribunal Supremo (se se forzou ou non a súa dimisión foi obxecto dunha investigación policial que se mantivo ata o momento do golpe de 2006). O comodoro Frank Bainimarama asumiu o poder como xefe do goberno militar interino (igual que Rabuka en 1987), ata que Josefa Iloilo foi nomeado presidente o 13 de xullo.

O 5 de decembro de 2006, as forzas militares derrocaron de novo o goberno. Bainimarama declarouse presidente en funcións. Inicialmente dixo que asumira o cargo con carácter provisional e pronto pediría ao Gran Consello de Xefes que reintegrase a Iloilo, pero o 17 de decembro insistiu en que agora era el o presidente e que o Gran Consello debería recoñecelo como tal.[2] O 4 de xaneiro de 2007 Iloilo foi reinstalado como presidente.

En xaneiro de 2008, Bainimarama declarou que o exército era "a autoridade executiva para nomear presidente", tras a suspensión do Gran Consello de Xefes. O presidente sería un nomeado militar, ata que se instalase un Gran Consello de Xefes reformado.[3]

Uns días despois, o director do Foro Constitucional de Cidadáns, o reverendo Akuila Yabaki, suxeriu que o cargo de presidente debería estar, no futuro, aberto a persoas de calquera etnia en vez de reservado para os indíxenas fidxianos. Esta suxestión foi controvertida e foi particularmente rexeitada pola primeira ministra Laisenia Qarase.

O 28 de xullo de 2009, Iloilo anunciou que deixaría o cargo o 30 de xullo.[4] O xeneral Epeli Nailatikau sucedeuno como presidente en funcións. O 5 de novembro de 2009, Nailatikau xurou como presidente.[5]

En marzo de 2012, o goberno de Bainimarama aboliu o Gran Consello de Xefes por decreto.[6] Bainimarama confirmou que iso significaba que habería que crear un novo método para nomear ao presidente; isto, dixo, faríase cunha unha nova Constitución, que finalmente foi adoptada en 2013.[7]

O 12 de outubro de 2015, o Parlamento elixiu o xeneral Jioji Konrote como presidente.[8] O 12 de novembro de 2015, Konrote xurou como presidente.[9]

Lista dos presidentes de Fidxi (1987 – actualidade)[editar | editar a fonte]

Foto Nome Mandato Partido Primeiro ministro
Inicio Fin Duración
Sitiveni Rabuka
(1948-)

(en funcións)

7 de outubro de 1987 5 de decembro de 1987 59 días Militar
1 Penaia Ganilau
(1948-)
5 de decembro de 1987 15 de decembro de 1993 6 anos e 10 días Independente Kamisese Mara

Sitiveni Rabuka

Kamisese Mara
(1920-2004)

(en funcións)

16 de decembro de 1993 18 de xaneiro de 1994 33 días Independente Sitiveni Rabuka
2 Kamisese Mara
(1920-2004)
18 de xaneiro de 1994 29 de maio de 2000 6 anos e 132 días Independente Sitiveni Rabuka

Mahendra Chaudhry

Tevita Momoedonu

Frank Bainimarama
(1954-)

(en funcións)

29 de maio de 2000 13 de xullo de 2000 45 días Militar Laisenia Qarase
3 Josefa Iloilo
(1920-2011)
13 de xullo de 2000 5 de decembro de 2006 6 anos e 145 días Independente Laisenia Qarase

Tevita Momoedonu

Laisenia Qarase

Frank Bainimarama
(1954-)

(en funcións)

5 de decembro de 2006 4 de xaneiro de 2007 30 días Militar Jona Senilagakali
(3) Josefa Iloilo
(1920-2011)
4 de xaneiro de 2007 30 de xullo de 2009 2 anos e 207 días Independente Frank Bainimarama
Epeli Nailatikau
(1941-)

(en funcións)

30 de xullo de 2009 5 de novembro de 2009 98 días Independente Frank Bainimarama
4 Epeli Nailatikau
(1941-)
5 de novembro de 2009 12 de novembro de 2015 6 anos e 7 días Independente Frank Bainimarama
5 Jioji Konrote
(1947-)
12 de novembro de 2015 12 de novembro de 2021 6 anos FijiFirst Frank Bainimarama
6 Wiliame Katonivere
(1964-)
12 de novembro de 2021 presente 2 anos e 171 días FijiFirst Frank Bainimarama

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Constitución da República de Fidxi" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2015. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  2. "Fiji military seizes power in bloodless coup" (en inglés). 5 de decembro de 2006. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  3. "Voreqe: Army is executive authority" (en inglés). 2 de xaneiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2012. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  4. "President of military-led Fiji plans to step down" (en inglés). 28 de xullo de 2009. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  5. "Former army chief Nailatikau now Fiji’s new President" (en inglés). 5 de novembro de 2009. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  6. "Fiji's Great Council of Chiefs abolished" (en inglés). 14 de marzo de 2012. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  7. "Fiji: New Constitution Signed into Law" (en inglés). 5 de setembro de 2013. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  8. "Fiji Parliament elects new President" (en inglés). 12 de outubro de 2015. Consultado o 19 de decembro de 2019. 
  9. "Fiji swears in new president" (en inglés). 12 de novembro de 2015. Consultado o 19 de decembro de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]