Premio Etxepare de Tradución-LABORAL Kutxa
(Redirección desde «Premio Etxepare de Tradución»)
O Premio Etxepare de Tradución-LABORAL Kutxa é un galardón literario con remuneración económica[1] creado en 2015 e que distingue a tradución a outras linguas dunha obra escrita orixinalmente en éuscaro.
Os organizadores do dito premio son o Instituto Vasco Etxepare e a entidade LABORAL Kutxa[2]
Gañadores[editar | editar a fonte]
Edición | Ano | Gañador | Obra | Autor | Editorial da obra traducida | Lingua meta |
---|---|---|---|---|---|---|
Primeira | 2015 | Isaac Xubín | Tempo de exilio | Joseba Sarrionandia | Kalandraka | Galego |
Segunda | 2016 | Nami Kaneko | Mussche | Kirmen Uribe | Hakusuisha | Xaponés |
Terceira | 2017 | Yaroslav Gubarev | Memorias dunha vaca[3] | Bernardo Atxaga | Anetta Antonenko | Ucraíno |
Cuarta | 2018 | Amaia Gabantxo | Harri eta herri e Maldan behera[4] | Gabriel Aresti | Rock & Core e Down Hill | Inglés |
Quinta | 2019 | Ainara Munt | Hilda dago poesia?[5] | Joseba Sarrionandia | Pol·len Edicions | Catalán |
Sexta | 2020 | Eider Rodriguez e Lander Garro | Bihotz handiegia | Eider Rodriguez | Penguin Random House | Castelán |
Sétima | 2021 | Mariolein Sabarte | Amek ez dute | Katixa Agirre | Zimiri Press | Neerlandés |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ en 2018 era de 4 000 euros.
- ↑ ABIERTO EL PLAZO PARA PRESENTAR CANDIDATURAS AL PREMIO DE TRADUCCIÓN ETXEPARE-LABORAL KUTXA, Etxepare, 4 de xuño de 2018 (en castelán).
- ↑ Foi traducida ao galego por Valentín Arias e publicada por Ediciones SM en 1998.
- ↑ AMAIA GABANTXO, GALARDONADA CON EL PREMIO DE TRADUCCIÓN ETXEPARE LABORAL KUTXA (en castelán).
- ↑ Ainara Munt ha sido galardonada con el Premio de Traducción Etxepare – LABORAL Kutxa Arquivado 23 de outubro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán).