Gabriel Aresti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
'Gabriel Aresti Segurola'

Datos persoais
Nacemento 1933
Lugar Bilbao, País Vasco Flag of the Basque Country.svg
Falecemento 1975
Lugar Bilbao, País Vasco Flag of the Basque Country.svg
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe {{{cónxuxe}}}
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Éuscaro
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros Poesía
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]
{{{web}}}

{{{notas}}}

Gabriel Aresti Segurola, nado en Bilbao en 1933 e finado en 1975, foi un escritor vasco en lingua éuscara que renovou e modernizou a poesía vasca.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos 14 anos aprendeu a lingua vasca e a súa primeira obra Maldan Behera (Costa abaixo), amosa un forte carácter simbolista. As súas obras máis coñecidas son a chamada "Triloxía da pedra": Harri eta herri (Pedra e pobo, 1964), Euskal harria (Pedra vasca, 1968) e Harrizko herri hau (Este pobo de pedra, 1971) están xa vencelladas á poesía social, escritas nunha linguaxe coloquial, claramente relacionadas coa obra de Blas de Otero, Gabriel Celaya ou Antonio Machado. Defendeu a creación dun éuscara unificado (euskera batua) e fundou a editorial Lur, que acolleu aos novos escritores en lingua vasca. Tamén escribiu novela e teatro.

Relación con Galicia[editar | editar a fonte]

A pesar de que nunca visitou Galicia, Aresti mantivo unha relación amizade con intelectuais galegos como Xesús Alonso Montero e Xosé Luís Méndez Ferrín, que influíron no gran número de traducións que Aresti fixo dende o galego. Con quen máis relación mantivo foi con Manuel María, a quen lle encarga, nunha das moitas cartas que lle escribiu, que lle faga escolma da poesía galega para facer unha antoloxía das catro nacionalidades que compoñen o estado español. "Usted sería la persona indicada para lo gallego" (Dille nunha carta datada o 7 de maio de 1969). Traduciu ao éuscaro os seis poemas galegos de Federico García Lorca, o álbum Nós de Castelao, o Catecismo do labrego de Valentín Lamas Carvajal , O divino sainete de Curros Enríquez, Pranto matricial de Valentín Paz-Andrade e Divinas palabras de Valle-Inclán. Foi xurado no concurso de contos "Breogan" do Centro Galego de Barakaldo e tiña unha relación moi fonda cos galegos emigrados no País Vasco.

Cando en 1969 había un certo enfrontamento entre vascos e galegos, Aresti escrebe tres sonetos contra este enfrontamento: No primeiro diríxese ós galegos para que traten ben a Euskadi, no segundo ós vascos para que traten ben ós galegos e no terceiro a Manuel María para que se dirixa tamén nese senso ós galegos emigrados, pois, segundo el, son os intelectuais os que teñen que rematar con esta xenreira. Manuel María contesta con tres cantigas no mesmo senso e con un envío final encomendándolle a Gabriel Aresti o pobo galego alí emigrado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]