Premio Bodil

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Premio Bodil (Bodilpris) é un dos máis antigos premios cinematográficos daneses, outorgado pola Asociación Nacional de Críticos de Cine de Dinamarca (Filmmedarbejderforeningen).

Historia e características[editar | editar a fonte]

Foi concedido por vez primeira o 28 de abril de 1948, e premia a filmes e actores aos cales os críticos consideran de máis mérito, sen ter en conta intereses comerciais. Entréganse anualmente nunha cerimonia que se celebra no Cine Imperial en Copenhaguen. O seu nome fai referencia a dúas importantes actrices danesas, Bodil Kier e Bodil Ipsen.

O trofeo representa unha figura feminina feita en porcelana e foi deseñada polo artista Ebbe Sadolin e esculpido por Svend Jespersen.

Categorías[editar | editar a fonte]

Existen as seguintes categorías:

  • Mellor película danesa (desde 1948)
  • Mellor actor principal (desde 1948)
  • Mellor actriz principal (desde 1948)
  • Mellor actor secundario (desde 1948, intermitente)
  • Mellor actriz secundaria (desde 1948, intermitente)
  • Mellor película estadounidense (desde 1948)
  • Mellor película non estadounidense (desde 1948)
  • Mellor documental ou curtametraxe (desde 1948, intermitente)
  • Mellor película europea (1961-2000)
  • Mellor película non europea (1961-2000)
  • Mellor director de fotografía (desde 2004)
  • Premio Bodil especial (desde 2008)
  • Premio Honorario (desde 1951, intermitente)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]