Predicado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


O predicado é un termo que se emprega en lingüística para referirse a máis dun concepto.

Na gramática, tradicionalmente, definiuse o predicado como a parte da oración na que se atopa o verbo e, con frecuencia, outros sintagmas que, no caso de habelos, manteñen unha relación co verbo a distintos niveis de proximidade. Dentro do predicado aparecen tódolos sintagmas que non teñen cabida no suxeito dunha oración.

Porén, os lingüistas transformacionais definen o predicado como a palabra que expresa un acontecemento, o cal pode ser un estado, un acontecemento ou unha acción. É dicir, estoutra definición de predicado refírese ao verbo. Quen emprega esta denominación, afirma que o predicado selecciona argumentos e dependendo do número de argumentos que necesite será:

  • Monádico o predicado que necesita un argumento. Son os verbos intransitivos. Por exemplo: «morrer» (Arg. + verbo)
  • Diádico o que necesita dous argumentos. Son os verbos transitivos. Por exemplo «ler» (Arg. + verbo + Arg.)
  • Triádico o que necesita tres. Son os verbos ditransitivos. Por exemplo «aconsellar» (Arg. + verbo + Arg. + Arg.)

Ademais, como resultado da relación entre devanditos argumentos e o predicado, xorden as funcións semánticas