Praia de Caldebarcos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia de Caldebarcos
Coordenadas: 42°50′53″N 9°07′28″O / 42.848194, -9.124444
Características xerais
Lonxitude300 m
Largo medio45 m
Grao de ocupaciónbaixa
Grao de urbanizaciónnon
Paseo marítimosi
Características específicas
Tipo de praiaaberta (fóra da ría)
Tipo de areabranca, fina
Seguridade
Sinalización do perigoSi
Accesibilidade
Tipo de accesoa pé, desde a moi próxima estrada AC-550

A praia de Caldebarcos é un pequeno areal situado no litoral do lugar da Gándara de Caldebarcos, na parroquia de San Mamede de Carnota, no concello de Carnota. Está preto da praia de Carnota.

Características[editar | editar a fonte]

É unha praia rústica na desembocadura do río Valdebois xunto a unha zona húmida protexida como espazo natural. Nunha contorna semiurbana, constitúe o areal máis setentrional do municipio. Presenta as mesmas características físicas que as próximas de Carnota e Lariño. Posúe condicións excepcionais para a práctica de deportes náuticos como o surf ou o windsurf debido aos frecuentes ventos e brisas costeiras. A súa area é fina. A praia está illada, carece de paseo marítimo, e principalmente está composta por rochas e area banca e dourada. O estado habitual do mar é de ondadas medias. O conxunto formado polas marismas, a praia e a zona intermareal constitúe un espazo natural de gran valor ecolóxico. A praia de Caldebarcos conta con servizo de autobús interurbano. Non dispón de aparcadoiro. O acceso a pé, desde a estrada AC-550, moi próxima, é fácil. As sinalizacións de perigo son claramente visíbeis. O hospital máis achegado é o Hospital Virxe da Xunqueira, que se encontra a 19 km, no concello de Cee.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Nos seus arrecifes afundiron varias naves da Armada Invencíbel na súa viaxe para conquistar Inglaterra en 1596.[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Playas de España Arquivado 18 de abril de 2018 en Wayback Machine. (en castelán).