Praia de Cabopino
Praia de Cabopino | |
---|---|
A praia de Cabopino, tamén chamada praia de Artola, é unha praia da cidade de Marbella, na Costa do Sol da provincia de Málaga, en Andalucía.
Trátase dunha praia illada de area dourada e ondada moderada, situada nunha zona natural protexida chamada Dunas de Artola e xunto ao porto de Cabopino, no distrito de Las Chapas. Ten uns 1.200 metros de lonxitude e uns 30 metros de anchura media. É unha praia cun grao de ocupación medio e cunha zona nudista.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ministerio de Medio Ambiente (ed.). "Playa de Cabopino". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2009. Consultado o 27 de outubro de 2009.