Pousavasos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pousavasos redondo

Os pousavasos, apoiavasos ou portavasos son uns utensilios sobre os que se apoian os vasos e outros obxectos de cristalaría para evitar manchar o mantel, a mesa ou a barra.

Uso, forma e coleccionismo[editar | editar a fonte]

Os pousavasos poden ser redondos ou cuadrangulares. Xeralmente están fabricados de cartón e son desbotables, eliminándose tras varios usos. Con todo, no servizo de mesa en restaurantes e nos fogares utilízanse elementos de materiais máis duradeiros como plástico ou madeira.

Nos bares e cafetarías, os pousavasos colócanse cando se serve a bebida colocándose sobre a barra ou nas mesas debaixo do vaso. Con todo, nos restaurantes, colócanse baixo as copas desde un primeiro momento. Así se fai igualmente, ao organizar unha reunión con auga ou montar unha mesa presidencial. Os pousavasos están decorados polo xeral cunha imaxe personalizada que adoita representar a marca dunha cervexa, refresco ou outro tipo de bebida. Pódense utilizar para promocionar un establecemento, unha cadea franquiciada ou un evento en concreto. Constitúen, por tanto, un obxecto de merchandising.

Os pousavasos impresos son obxecto de coleccionismo existindo asociacións de coleccionistas en numerosos países do mundo. Por exemplo a Sociedade de Coleccionistas de Pousavasos Británica foi fundada en 1960 e organiza encontros periódicos entre os seus socios, xeralmente en pubs, para intercambiar pousavasos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]