Portugalete
Portugalete é un municipio da provincia de Biscaia, País Vasco, no norte de España. Pertencente á comarca do Gran Bilbao e á subcomarca da Marxe Esquerda: Ten unha poboación de 47.742 habitantes segundo os datos do INE correspondentes ao ano 2011. O municipio esténdese por un outeiro situado entre a Ría de Bilbao e o río Ballonti, situándose o núcleo poboacional na ladeira que descende ata a primeira. A extensión total é tan só de 3,21 km² polo que a súa densidade poboacional (de máis de 15.000 hab./km²) é a maior densidade de todo o País Vasco.
Os habitantes de Portugalete son portugalujo/a, aínda que popularmente é utilizado tamén o termo jarrillero/a. Isto é debido a que no século XIX e nos primeiros anos do século XX, Portugalete contaba con numerosas tabernas onde se degustaba o chacolí, e existía o costume de bebelo nunhas jarras pequenas, de aí o de jarrilleros/as.