Portal:Star Wars/Cabezallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Star Wars (coñecida tamén en galego como A guerra das galaxias) é unha franquía composta primordialmente dunha serie de filmes concibidos polo cineasta estadounidense George Lucas, e producidas e distribuidas por The Walt Disney Company a partir de 2012. A súa trama describe as vivencias dun grupo de personaxes que habitan nunha galaxia ficticia e interactúan con elementos como «a Forza», un campo de enerxía metafísico e omnipresente que posúe un «lado escuro» provocado pola ira, o medo e o odio.

A primeira película da serie, Star Wars: Episodio IV - Unha esperanza nova (1977), contou con actores como Mark Hamill, Harrison Ford, Carrie Fisher, Alec Guinness, Anthony Daniels, Kenny Baker, Peter Mayhew e David Prowse. Se converteuse nun fenómeno da cultura popular e a súa influencia ten sido recoñecida por numerosos cineastas.

Máus dunha década despois estreouse Star Wars Episode I: The Phantom Menace (1999), a primeira cinta dunha nova triloxía de precuelas completada por Star Wars Episode II: Attack of the Clones (2002) e Star Wars Episode III: Revenge of the Sith (2005) e centradas nos anos previos á anterior. A finais de 2012 Disney adquiriu Lucasfilm, productora dos seis filmes anteriores, e anunciou a realización dunha terceira triloxía cinematográfica integrada por Star Wars Episode VII: The Force Awakens (2015), Star Wars Episode VIII: The Last Jedi (2017) e Star Wars: The Rise of Skywalker (2019). Do mesmo xeito o estudio é responsable da producción dun par de filmes derivados que abordan elementos do canon de Star Wars: Rogue One: A Star Wars Story (2016) e Solo: A Star Wars Story (2018).

Ademais do ámbito cinematográfico, a franquía inclúe unha ampla variedade de produtos tales como novelas, series de televisión, videoxogos, historietas, xoguetes, entre outros, que compoñen unha parte importante do coñecido como «universo expandido» de Star Wars.