Portal:Serbia/Cidade destacada/2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kragujevac (en serbio: Крагујевац, Kragujevac.ogg escoitar ) é a cuarta cidade máis grande de Serbia despois de Belgrado, Novi Sad e Ninš, e o centro administrativo do Distrito de Šumadija. Está situada a beiras do río Lepenica. A cidade era coñecida como "Kraguyevca" ou "Karacofça" durante o dominio otomán.

A pesar da súa fundación relativamente tardía (1476), Kragujevac foi pioneira en moitos aspectos. Foi a primeira capital da Serbia moderna (1818-1839), e a primeira constitución dos Balcáns proclamouse nesta cidade en 1835. Máis adiante, a primeira universidade de Dereito da recentemente independizada Serbia foi fundada en 1838, precedida pola primeira escola de gramática (Gimnazija), en 1833, así como o Teatro Nacional (1835) e a Academia Militar (1837).

Belgrado tomou a dianteira ao converterse na sede do trono en 1841. A Universidade de Kragujevac non se restableceu até 1976. A Kragujevac contemporánea é coñecida polas súas fábricas de armas, munición, e sobre todo a factoría de automóbiles Zastava, que produciu o popular "Jugo", e que alcanzou un acordo de adquisición por parte do Grupo Fiat en 2008.