Portal:Rusia/Biografía destacada/4

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Georgii Vasilievich Chicherin (ruso: Георгий Васильевич Чичерин, nado en Karaul o 12 de novembroxul./ 24 de novembro de 1872greg. e finado en Moscova o 7 de xullo de 1936 , foi un político e revolucionario ruso e ministro soviético de Asuntos Exteriores de 1918 a 1930.

De ascendencia nobre, espléndido representante da intelectualidade rusa do século XIX, traballou na súa mocidade nos arquivos do Ministerio de Asuntos Exteriores ruso. Contrario ao réxime tsarista, cooperou primeiro cos socialrevolucionarios antes de facerse socialdemócrata xa no exilio. Bolxevique ao comezo das disputas internas do partido (POSDR), en 1905, tralo fracaso da revolución pasou a militar cos menxeviques. Entre 1907 e 1914, como secretario da Oficina Central no Estranxeiro do POSDR, demostrou ser un crítico acerbo de Lenin e os seus seguidores. Activo nos movementos socialistas de Europa occidental, acabou desilusionado polo conservadorismo e moderación destes e dos menxeviques...