Portal:Hóckey a patíns/Artigo destacado/3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Selección de hóckey a patíns masculina de Inglaterra é o equipo que representa a Inglaterra nas competicións internacionais de hóckey a patíns en categoría masculina. Inglaterra foi a gran dominadora do hóckey a patíns mundial nas décadas de 1920 e 1930, gañando as dúas primeiras edicións do Campionato do Mundo e as 12 primeiras edicións oficiais do Campionato de Europa. Posteriormente só puido conseguir o seu oitavo e último título da Copa das Nacións de Montreux en 1950.

En tempos recentes tan só puido conseguir un título internacional logo de gañar a IX edición Campionato do Mundo "B" disputado en Chatham (Inglaterra). No ano 2004 conseguiu chegar á final da XI edición do Campionato do Mundo "B" disputado en Macau, mais desta vez perdería a final fronte á selección catalán por 6 goles a 0.