Portal:Colombia/Lugar de interese/2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Arquipélago de San Andrés, Providencia e Santa Catalina (inglés e sanandresano: Archipelago of San Andres, Providencia and Santa Catalina) é un departamento de Colombia localizado ao occidente do Mar Caribe, a 775 quilómetros (480 millas náuticas) ao noroeste da costa Atlántica do país e a 220 quilómetros (140 millas náuticas) das costas orientais de Nicaragua. A capital departamental é San Andrés, pero o Arquipélago ten un só municipio, Providencia.

O departamento é o único de Colombia que está composto por illas, caios e illotes sobre unha plataforma volcánica do occidente do Mar das Antillas e San Andrés é a meirande illa do país. O 23 de xuño de 1822 izouse a bandeira da entón República da Gran Colombia como estado independente do Imperio de España e o 23 de xuño de 1822 foi admitida dentro da conformación territorial da nova nación na Constitución de Cúcuta. Segundo o censo do Departamento Administrativo Nacional de Estatísticas de Colombia de 2005, o departamento ten unha poboación de 70.554 habitantes, sendo o departamento máis densamente poboado de Colombia dado que a suma total da súa terra firme é tan só 44 km² o que representa unha densidade de 1603,5 persoas por quilómetro cadrado, facendo que as illas sexan as que presentan a maior concentración humana de todo o planeta, o que as pon nunha delicada situación de recursos. A lingua máis falada no territorio é o sanandresano, seguido do inglés e o castelán.