Portal:A Coruña/Artigo destacado/13

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga foron dúas mestras galegas. As dúas mulleres constituíron o primeiro matrimonio entre persoas do mesmo sexo de España do que hai constancia. Ccoñecéronse mentres estudaban na Escola Normal de Mestras da Coruña, onde se formaban as futuras profesoras de ensinanza primaria e a súa amizade deu paso a unha relación máis íntima. Casaron o 8 de xuño de 1901 na Coruña, na igrexa parroquial de San Xurxo, e para acadalo Elisa tivo que adoptar unha identidade masculina e inventar un pasado. A cerimonia foi breve, os padriños deron fe da súa validez e a parella pasou a noite de vodas na pensión Corcubión, na rúa de Santo André. Finalmente, os veciños non puideron seguir indiferentes ante o que, a partir dese intre, deuse en coñecer como o “matrimonio sen home”. A nova da súa voda difundiuse axiña por toda España e por varios países europeos e, como consecuencia disto, foron excomungadas, perderon o seu emprego e ditouse unha orde de busca e captura.

Aínda non se sabe o que aconteceu con elas trala súa fuxida, crese que á Arxentina.