Polígono industrial de Bértoa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Polígono industrial de Bértoa
Vista do Polígono de Bértoa, Carballo.
Tipopolígono industrial
Data de fundación1975
EnBértoa
PaísGalicia
43°14′24″N 8°40′57″O / 43.24, -8.6825
Na rede
http://www.poligonodebertoa.es/
editar datos en Wikidata ]

O polígono industrial e comercial de Bértoa é un polígono industrial situado na parroquia de Bértoa, ao norte da vila de Carballo.

Historia e características[editar | editar a fonte]

As súas orixes datan do ano 1975. A primeira fase conta cunha extensión de 74 hectáreas, nas que están instaladas máis de 100 empresas que abarcan diversos campos como o transporte, metal, electricidade, téxtil ou alimentación. Na actualidade está construída unha segunda fase, ata ocupar unha extensión total duns 2.000.000 metros cadrados.

No polígono industrial están situados o parque de bombeiros e a delegación de Protección Civil. Ademais, ofrece servizos como o punto limpo e o Complexo Deportivo das Eiroas. No ano 2017 contaba xa con máis da metade da súa superficie ocupada.[1]

Accesos[editar | editar a fonte]

  • AG-55: saída 29, Carballo leste - parque industrial.
  • AC-552: rotonda en Bértoa dirección AG-55 A Coruña-Fisterra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "O Polígono de Bértoa supera o 50% de superficie ocupada". Que pasa na costa. 2017-04-24. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2017. Consultado o 2017-04-24.