Pobo kogui

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo kogui
Xamáns kogui.
Poboación
Poboación total:
15 820 (censo de 2018)[1]
Rexións principais:
ColombiaSerra Nevada de Santa Marta
Aspectos culturais
LinguaLingua kogui
Relixióncrenzas tradicionais
Grupos
relacionados
Pobo arhuaco, pobo kankuamo

Os koguis (tamén chamados kágaba, que significa xaguar en lingua kogui) son un pobo indíxena que habita na Serra Nevada de Santa Marta. A súa civilización mantívose continua dende a era precolombiana. A lingua kogui pertence á familia de linguas chibchas.

Historia[editar | editar a fonte]

Os koguis son descendentes da cultura tairona, que floreceu antes dos tempos da conquista española das nacións chibchas. Os taironas foron unha civilización avanzada que construíu moitas estruturas e camiños de pedra na xungla. Fixeron moitos obxectos de ouro que colgaban das árbores e arredor dos seus pescozos. Vivían dun xeito non moi diferente a como o fan no presente os koguis. Antes de que chegaran os conquistadores españois, os taironas foron forzados a trasladarse ás terras altas cando os caribes invadiron o territorio arredor do ano 1000. A decisión de moverse ás montañas proporcionoulles moitos beneficios estratéxicos cando os españois entraron na actual Colombia no século XV. En 1498, os españois chegaron ó norte de Colombia, onde comezaron a escravizar ós pobos indíxenas. Amedrentados polos soldados e os cans, os taironas permaneceron illados. Porén, moitos dos seus sacerdotes foron aforcados, as súas mulleres foron raptadas e violadas e moitos nenos foron forzados a aceptar a educación española. Pouco despois, chegaron misioneiros que comezaron a influenciar o seu estilo de vida, construíndo capelas e igrexas nas súas vilas para convertelos. Dende entón, os koguis permaneceron no seu fogar das montañas, o que lles permitiu escapar dos peores efectos da colonización e os axudou na preservación do seu modo de vida tradicional.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]