Pobo abnaki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pobo abnaki
Parella abnaki, no século XVIII.
Poboación
Poboación total:
8 000[1]
Rexións principais:
Estados Unidos de América Estados Unidos(Maine, Nova Hampshire e Vermont)
Canadá(Novo Brunswick e Quebec)
Aspectos culturais
LinguaLingua abnaki, inglés e francés
RelixiónRelixión abnaki
Grupos
relacionados
Pobos algonquinos

Os abnakis[2] (tamén coñecidos como abenaki, abinaki ou alnôbak) son un pobo indíxena de América do Norte. Son un dos pobos de fala algonquina que habitan no Quebec e en Novo Brunswick no Canadá, e na rexión de Nova Inglaterra nos Estados Unidos, unha rexión chamada por eles como Wabanahkik ("Terra do Amencer") en lingua abnaki. Os abnakis son un dos cinco membros da Confederación Wabanaki.

Os "abnakis" son un grupo lingüístico e xeográfico, mais historicamente non tivo unha autoridade central do pobo. Existían numerosas e pequenas bandas e tribos que compartían moitos trazos culturais.[3] Uníronse como comunidade despois do contacto cos europeos, xa que as tribos orixinais foron dezmadas pola colonización, as doenzas e a guerra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Abenaki, Encyclopædia Britannica (consultado o 29 de outubro de 2017).
  2. "Entrada abnaki en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2017. 
  3. Lee Sultzman (21 de xullo de 1997). "Abenaki History". Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2010. Consultado o 20 de marzo de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Dr. Gordon M. Day's two-volume Western Abenaki Dictionary (agosto de 1994), Paperback: 616 pages, Publisher: Canadian Museum Of Civilization
  • Chief Henry Lorne Masta's Abenaki Legends, Grammar, and Place Names (1932), Odanak, Quebec, reprinted in 2008 by Global Language Press
  • Joseph Aubery's Father Aubery's French-Abenaki Dictionary (1700), translated into English-Abenaki by Stephen Laurent, and published in hardcover (525 pp.) by Chisholm Bros. Publishing.