Plan Bakker-Schut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Polo oeste, Países Baixos, polo leste, as zonas alemás de Baixa Saxonia e Westfalia do Norte. As zonas coloreadas corresponden aos territorios reclamados polos Países Baixos no plan Bakker-Schut.

O plan Bakker-Schut foi un plan de anexión de territorios de Alemaña esbozado polos Países Baixos trala segunda guerra mundial.

Descrición[editar | editar a fonte]

O nome do plan proviña do nome dos membros da comisión holandesa encargada de redactar dito proxecto. Consistía nunha serie de reparacións económicas mais tamén incluía a anexión dalgúns territorios alemáns. Na súa forma máis ambiciosa incluía cidades como Aquisgrán, Münster ou Osnabrück. De ter realizado, o plan supoñería para Holanda dun aumento de máis do 30 % do seu territorio.

Moitos alemás que vivían en Holanda foron considerados "suxeitos inimigos" e internados en campos de concentración na chamada operación tulipán negro. Destes, 4.000 foron deportados de Holanda. Como resposta a esta operación, o Alto Comisionado Aliado expulsou a miles de cidadáns holandeses residentes en Alemaña. O plan Bakker-Schut prevía tamén a expulsión de toda a poboación local a excepción dos alemáns que falaban o dialecto baixo alemán, lingua asimilable ao lingua neerlandesa.

Rexeitamento do Plan[editar | editar a fonte]

En 1947, o Alto Comisionado Aliado de Alemaña rexeitou de pleno o proxecto holandés. Os aliados estaban desbordados pola chegada de refuxiados alemáns á Alemaña (entre 12 e 14 millóns[1]) e non estaban dispostos a que houbesen máis desprazamentos de poboacións.

A conferencia de Londres do 23 de abril de 1949 permitiu non obstante realizar pequenos axustes fronteirizos a favor de Holanda. Ese mesmo día, tropas holandesas ocuparon zonas correspondentes a unha versión reducida do plan C do Plan Bakker-Schut. A maioría dos territorios ocupados fóronselle devoltos logo a Alemaña o 1 de agosto de 1963, agás o pequeno pobo de Wyler.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Exhibición en Berlín reabre feridas". BBC 13 de agosto de 2006 (en español). Consultado o 14 de xaneiro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]