Pizza Hut

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Restaurante Pizza Hut en Bremen, estado de Indiana, nos Estados Unidos.

Pizza Hut é unha cadea de restaurantes e franquía internacional con sede en Dallas, Especializada en pizzas. O Pizza Hut é a maior cadea de pizzarías do mundo, con case 12 mil restaurantes en máis de 88 países.

Historia[editar | editar a fonte]

Pizza Hut foi fundado en 1958 por dous universitarios, Dan e Frank Carney, na cidade de Wichita, Kansas. A empresa gañou recoñecemento nacional na súa primeira campaña publicitaria, chamada "Putt Putt to Pizza Hut", que debutou na televisión estadounidense no 1965. No 1977 a compañía foi comprada por Pepsi. O símbolo máis distinto do Pizza Hut é o característico teito pintado en vermello, coma un chapeu, presente tamén no logotipo da empresa. Un feito curioso é que a pesar de estar presente en case todo o mundo, Pizza Hut nunca ousou entrar no mercado Italiano.