Aterínidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atherina boyeri

Os Aterínidos (Atherinidae) son unha familia de peixes mariños e, porincipalmente, de río, da orde Ateriniformes (Atheriniformes). Distribúense tanto por augas temperadas como tropicais.

Características[editar | editar a fonte]

Teñen dúas aletas dorsais amplamente separadas, a primeira con espiñas flexibles e a segunda cunha espiña seguida de radios brandos, ó igual cá aleta anal; as aletas pectorais sitúanse en posición alta. Boca pequena e terminal. Carecen de liña lateral pero presentan unha banda lateral ampla de cor prateada.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Divídese en once xéneros en tres subfamilias:

  • Subfamilia Atherininae:
    • Xénero Atherina (Linnaeus, 1758)
    • Xénero Atherinason (Whitley, 1934)
    • Xénero Atherinosoma (Castelnau, 1872)
    • Xénero Kestratherina (Pavlov, Ivantsoff, Last y Crowley, 1988)
    • Xénero Leptatherina (Pavlov, Ivantsoff, Last y Crowley, 1988)
  • Subfamilia Atherinomorinae:
    • Xénero Alepidomus (Hubbs, 1944)
    • Xénero Atherinomorus (Fowler, 1903)
    • Xénero Hypoatherina (Schultz, 1948)
    • Xénero Stenatherina (Schultz, 1948)
    • Xénero Teramulus (Smith, 1965)
  • Subfamilia Craterocephalinae:
    • Xénero Craterocephalus (McCulloch, 1912)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Aterínidos
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Aterínidos