Phytophaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Phytophaga
Chrysomeloidea (esquerda) e Curculionoidea (derfeita) típicos
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Suborde: Polyphaga
Infraorde: Cucujiformia
Clado: Phytophaga

Phytophaga (fitófagos) é un clado de escaravellos dentro da infraorde Cucujiformia que comprende as superfamilias Chrysomeloidea e Curculionoidea, que se distinguen polo seu hábito de comer plantas xunto con ter tarsos pseudotetrámeros ou criptopentámeros, nos que o cuarto segmento tarsal está tipicamente moito máis reducido ou agochado polo terceiro segmento tarsal. Os Cucujoidea son un grupo irmán dos Phytophaga.[1][2] Nalgunha literatura vella o termo Phytophaga aplicábase só aos Chrysomeloidea.

Familias de Phytophaga
Phytophaga
Chrysomeloidea

Megalopodidae

Cerambycidae

Chrysomelidae

Curculionoidea

Nemonychidae

Anthribidae

Belidae

Attelabidae

Brentidae

Curculionidae

Filoxenia de Phytophaga

A diversificación de especies dentro de Phytophaga pénsase que está asociada coa especiación das plantas anxiospermas. O hábito de comer plantas destes insectos puido orixinarse por un cambio desde o hábito de comer microfungos e esporas (nos estróbilos e cícadas) ou os hábitos saprotróficos dos seus antepasados.[3] Con preto de 125 000 especies descritas son a segunda liñaxe máis grande de insectos fitófagos despois da orde dos Lepidoptera.[4] Os encimas glicósido hidrolase da familia 45 (GH45) só están codificados nos xenomas dos escaravellos fitófagos. A GH45 que posúen os Phytophaga degrada 3 substancias principais: celulosa amorfa, xiloglicano e glicomanano. A GH45 está composta de secuencias fúnxicas, adquiridas por transferencia de xenes que pertencían a fungos.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Zhang, Shao-Qian; Che, Li-Heng; Li, Yun; Dan Liang; Pang, Hong; Ślipiński, Adam; Zhang, Peng (2018). "Evolutionary history of Coleoptera revealed by extensive sampling of genes and species". Nature Communications 9 (1): 205. Bibcode:2018NatCo...9..205Z. PMC 5768713. PMID 29335414. doi:10.1038/s41467-017-02644-4. 
  2. Marvaldi, Adriana E.; Duckett, Catherine N.; Kjer, Karl M.; Gillespie, Joseph J. (2009). "Structural alignment of 18S and 28S rDNA sequences provides insights into phylogeny of Phytophaga (Coleoptera: Curculionoidea and Chrysomeloidea)". Zoologica Scripta 38: 63–77. doi:10.1111/j.1463-6409.2008.00360.x. 
  3. Farrell, B. D. (1998-07-24). ""Inordinate Fondness" Explained: Why Are There So Many Beetles?". Science 281 (5376): 555–559. PMID 9677197. doi:10.1126/science.281.5376.555. 
  4. Haddad, Stephanie; McKenna, Duane D. (2016). "Phylogeny and evolution of the superfamily Chrysomeloidea (Coleoptera: Cucujiformia)". Systematic Entomology 41 (4): 697–716. doi:10.1111/syen.12179. 
  5. Busch, André; Danchin, Etienne G. J.; Pauchet, Yannick (2019-05-10). "Functional diversification of horizontally acquired glycoside hydrolase family 45 (GH45) proteins in Phytophaga beetles". BMC Evolutionary Biology 19 (1): 100. ISSN 1471-2148. PMC 6509783. PMID 31077129. doi:10.1186/s12862-019-1429-9.