Pego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pego
Bandera de Pego.png Escudo de Pego.png
Situación xeográfica
Localización de Pego respecto á Comunidade ValencianaLocalización de Pego respecto á comarca da Marina Alta
País España
Comunidade autónoma País Valenciano
Provincia Alacant
Comarca Marina Alta
Xeografía
Altitude 82 msnm
Superficie 52,90 km²
Poboación
Poboación 11.043 hab. (2008)
Densidade 208,75 hab./km²
Xentilicio Pegolino/a
Información
Código postal 03690, 03699
Alcalde José Carmelo Ortola Siscar (CtPg-I)
Páxina web www.pego.org

Pego é un concello da Comunidade Valenciana situado no nordeste da provincia de Alacant, no límite coa provincia de Valencia e na comarca da Marina Alta. Conta con 11.043 habitantes (INE 2008). Foi historicamente centro do val que porta o seu nome así como tamén das poboacións dos vales veciños da comarca. O rei Pedro III creou a baronía de Pego (1262) e repoboouna con colonos barceloneses segundo documentación da época.

Foi cabeza de partido xudicial e pertenceu ás demarcacións históricas da gobernación de Xàtiva até o 1707 e despois á de Dénia até o 1833, ano en que pasa a pertencer á provincia de Alacant. A área comercial onde se inclúe é a de Gandia mantendo un mercado propio bastante importante.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O Val de Pego está composto polos municipios de Pego e de L'Atzúvia. Constitúe unha clara unidade física e humana situada no centro norte da comarca da Marina Alta, á beira da provincia de Valencia. É unha gran depresión rodeada de montañas, fóra da zona de levante onde hai unha formación de albufeira, pantano e un cordón areoso das devesas.

As montañas máis destacadas son: a Serra del Cavall (713 m de altura), Montnegre (653 m), Bodoix (556 m), Mostalla (359 m), Ambra (298 m). Os ríos do val son: Bullentó ou Calapatar, que dá orixe ao de Racons ou Molinell por medio do río Revolta que os serve de ligazón. Tamén hai os cantís de Benixat, Benituba, Castelló, Mostalla e Sant Joaquim. A súa pluviometría é das máis altas do país, o que fai que acumule augas do val e dos veciños e que haxa unha zona pantanosa. Foi moi destacado o cultivo do arroz bombón durante o século XX.

Accédese a esta localidade por estrada, dende Alacant, a través da N-332 tomando logo a CV-700. Pego limita cos termos municipais de L'Atzúvia, Dénia, Orba, Ràfol d'Almúnia, Sagra, Tormos, Vall d'Ebo e Oliva, este último pertencente á provincia de Valencia.

Demografía[editar | editar a fonte]

Conta cunha poboación de 11.043 habitantes (2008). Un 18,7% da súa poboación censada é da inmigración, principalmente doutros países do continente europeo.[1]

Evolución demográfica de Pego[2]
1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2007 2008
Población 5.847 6.509 6.983 7.849 7.409 8.398 8.547 8.491 8.291 8.861 9.112 9.062 10.103 10.878 11.043

Economía[editar | editar a fonte]

A súa economía descansa na agricultura de regadío, concretamente nos cítricos e no cultivo do arroz na zona de pantano, se ben é certo que os seus servizos se proxectan fóra da poboación. Ademais de cultivar numerosas laranxeiras, típicas do País Valenciano.

Notas[editar | editar a fonte]