Pedro López Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPedro López Vázquez
Biografía
Nacemento18 de agosto de 1892 Editar o valor em Wikidata
San Mamede de Carnota, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de marzo de 1937 Editar o valor em Wikidata (44 anos)
San Mamede de Carnota, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Pedro López Vázquez, nado en San Mamede de Carnota o 18 de agosto de 1892[1] e finado no mesmo lugar o 24 de marzo de 1937, foi un mestre e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo único de Juan López "Xan das Cacharras". Membro da sociedade agraria Unión de Carnota, foi un dos promotores da Federación Agraria do Partido de Muros creada en 1922.[2] Foi nomeado mestre interino da escola de nenos de Brión en abril de 1922.[3] Nese ano solicitou autorización para abrir unha escola en Vilar de Parada.[4] Mestre da escola de Canedo. Publicou algunha colaboración en El Eco de Santiago e El Compostelano. Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, en marzo de 1937, foi retido e colgado polas pernas nunha das vigas da casa que usaba para dar escola no Campiño, en Vilar de Parada. Torturado durante varios días, queimáronlle os dedos das mans, posteriormente virárono e sometérono a toda clase de agresións. Acabou morrendo no mesmo lugar onde foi torturado. Ao falecer, os asasinos botáronlle unha carta por debaixo da porta ao seu pai, para que se fixese cargo do cadáver e dándolle indicacións do que debía facer. En abril a Comisión Depuradora do Maxisterio requiriuno para enviarlle os pregos de cargos.[5] Foi separado do servizo e baixa no posto en xullo de 1940.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 37. 
  2. Heraldo de Galicia, 25-6-1922, p. 6.
  3. El Ideal Gallego, 7-4-1922, p. 5.
  4. El Correo Gallego, 24-10-1922, p. 1.
  5. El Compostelano, 23-4-1937, p. 2.
  6. El Compostelano, 9-7-1940, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]