Pazo de Trasariz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pazo de Trasariz
ConcelloVimianzo
ProvinciaA Coruña
ComunidadeGalicia
Coordenadas43°06′46″N 9°02′00″O / 43.112638888889, -9.0332777777778Coordenadas: 43°06′46″N 9°02′00″O / 43.112638888889, -9.0332777777778
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal(barroco)
Estilo actual(século XVIII)
Estado actualEn bo estado
Véxase tamén
Pazos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

O pazo de Trasariz é un conxunto palaciano da vila de Vimianzo. Atópase a escasa distancia do centro urbano e moi preto do seu principal símbolo arquitectónico: o castelo medieval.  

Descrición[editar | editar a fonte]

Trátase dunha gran casa de planta rectangular que destaca polo seu pórtico de oito arcos, apoiados en columnas por capiteis dóricos, que forma unha verdadeira xoia da arquitectura palaciana galega, cunha historia ligada ao castelo.  

Tamén son moi rechamantes o seu amplo balcón e as inmensas chemineas. Na parte que dá ao norte ten apegada unha capela barroca do século XVII -a capela da Virxe da Soidade- que ten entrada directa dende o interior do pazo e tamén dende o exterior. Esta capela privada, con xambas e lintel ben moldurado na súa fachada -onde tamén se pode ver o escudo coas armas dos Caamaño e Villar- bríndalle aínda unha maior maxestade a todo o conxunto.

Constitúe un conxunto de grande atractivo e especial harmonía, onde conflúen elementos tan dispares como as espectaculares chemineas ou un balcón de pedra con columnatas, ata unhas enormes palmeiras diante da fachada que o caracterizan tamén polo gusto indiano, típico dos emigrantes con fortuna do século XIX.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi fundado na segunda metade do século XVII pola Casa de Altamira, representada por Antonio Caamaño e Quintana, que no ano 1695 era alcaide dos estados de Altamira. Esta propiedade transmítese de xeración en xeración dentro da Casa dos Caamaño, de aí que tamén se coñeza como Casa Señorial dos Caamaño. No século XIX pasa polas mans das familias Ardeleiros e Teijeiro, e no ano 1880 Andrés Paz Fernández, avó do actual propietario José Romualdo Nogueira-Paz, compra a propiedade e as leiras anexas. 

Actualidade[editar | editar a fonte]

Ao ser de propiedade privada, este monumento non é visitábel para o público en xeral, aínda que si está dispoñíbel para a organización de vodas e outros eventos[1]. Está incluído no Inventario do Patrimonio Cultural do Concello de Vimianzo[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. S.L, TRASARIZ DESARROLLO INMOBILIARIO. "Bodas y eventos en el pazo de Trasariz". www.trasarizinmobiliaria.com. Arquivado dende o orixinal o 09-08-2016. Consultado o 30-07-2016. 
  2. "Inventario do Patrimonio Cultural do Concello de Vimianzo" (PDF). Sistema de Informacion de Ordenación do Territorio e Urbanismo de Galicia. Consultado o 30-07-2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]