Paso de palio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un paso de palio é un paso (grupo escultórico que representa algún dos sucesos da Paixón de Cristo),[1] que é un elemento destacado nunha procesión da Semana Santa.

Historia[editar | editar a fonte]

En España, o paso de palio naceu en Sevilla, e o primeiro documento gráfico da súa utilización é un gravado de 1616 da "Hermandad del Silencio". A primeira confraría que utilizou o palio nun paso foi, segundo a tradición, a da "Soledad de San Lorenzo", que segundo o historiador José Bermejo y Carballo, en 1882, conta que, en 1610, a confraría estaba custeando o bordado do palio.[2]

Os primeiros palios só tiñan catro varais, despois seis, oito... até chegar aos doce que teñen na actualidade (hoxe parecen "templetes"). Tras os primeiros pasos, estes tiveron unha espectacular evolución ao longo dos séculos até chegar á súa configuración actual. Unha figura destacada e fundamental desta evolución foi o bordador e deseñador sevillano Juan Manuel Rodríguez Ojeda, que desenvolveu as súas ideas a finais do século XIX e principios do XX, principalmente na "Hermandad de la Macarena".[2]

A introdución do palio nos pasos das virxes sevillanas, como todo cambio que se produce nun mundo tan tradicionalista como é o das confrarías, non foi unanimemente aceptado. No século XVII o abade Gordillo, a pesar de que non se opuxo frontalmente, valorou o uso do palio excesivo nas "Dolorosas", e consideraba que o seu uso debería reservarse exclusivamente para o Santísimo Sacramento.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]