Partido Socialista Republicano Irlandés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non se debe confundir con Partido Republicano Socialista Irlandés ou Partido Republicano Socialista (Irlanda).
Irish Republican Socialist Party (IRSP)
Partido político de Irlanda do Norte e da República de Irlanda
Líder Ard Chomhairle
Fundación 8 de decembro de 1974
Ideoloxía {{{ideoloxía}}}
Mocidades Republican Socialist Youth Movement

O Partido Socialista Republicano Irlandés (en inglés: Irish Republican Socialist Party, IRSP) é un partido político de ideoloxía republicana e socialista. Como moitos outros partidos políticos en Irlanda, reclámase herdeiro do legado do revolucionario socialista James Connolly, quen fundou o Partido Republicano Socialista Irlandés en 1896 e foi executado logo do Alzamento de Pascua de 1916.

O IRSP foi fundado o 8 de decembro de 1974 por antigos membros do Movemento Republicano Oficial, socialistas independentes e sindicalistas liderados por Seamus Costello. Unha sección paramilitar, o Irish National Liberation Army, foi fundada no mesmo día, malia que a súa existencia tentou agocharse até que o INLA puidese operar con efectividade. Seamus Costello foi elixido como primeiro presidente do partido e como presidente do consello de dirección do INLA. Xuntos, o IRSP e o INLA refírense a eles mesmos como o Movemento Socialista Republicano Irlandés.