Partido Obreiro Unificado Polaco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Polska Zjednoczona Partia Robotnicza
Partido Obreiro Unificado Polaco
Partido gobernante da Polonia comunista
POL PZPR logo.svg
Dirixentes e organización
Líder 1948-1956: Bolesław Bierut, 1956-1956: Edward Ochab, 1956-1970: Władysław Gomułka, 1970-1980: Edward Gierek, 1980-1981: Stanisław Kania, 1981-1989: Wojciech Jaruzelski, 1989-1990: Mieczysław Rakowski
Filiación internacional Kominform (1948-1956)
Historia
Fundación 16-21 de decembro de 1948
Disolución 27-30 de xaneiro de 1990
Posicións políticas
Ideoloxía Socialismo, Comunismo, Marxismo-leninismo, Estalinismo
Outros datos
Sede Nowy Świat 6/12, 00-497 Varsovia, Polonia
Publicación Trybuna Ludu

O Partido Obreiro Unificado Polaco (POUP; en polaco Polska Zjednoczona Partia Robotnicza, PZPR) foi o partido gobernante na República Popular de Polonia desde a súa fundación en 1948 até xaneiro de 1990. O nome do partido fai alusión aos partidos que se xuntaron para dar este, o Partido Socialista Polaco e o Partido Obreiro Polaco.

O seu programa estaba baseado no marxismo-leninismo e, aínda que non era o único partido recoñecido, era recoñecido constitucionalmente como a "forza dirixente na construción do socialismo".

Líderes do PZPR[editar | editar a fonte]

A partir do ano 1954, o xefe do partido era o Primeiro Secretario do Comité Central:

  • Secretario Xeral Bolesław Bierut (22 de decembro de 1948 – 12 de marzo de 1956)
  • Primeiro Secretario Edward Ochab (20 de marzo de 1956 – 21 de outubro de 1956)
  • Primeiro Secretario Władysław Gomułka (21 de outubro de 1956 - 20 de decembro de 1970)
  • Primeiro Secretario Edward Gierek (20 de decembro de 1970 – 6 de setembro de 1980)
  • Primeiro Secretario Stanisław Kania (6 de setembro de 1980 – 18 de outubro de 1981)
  • Primeiro Secretario Wojciech Jaruzelski (19 de outubro de 1981 – 29 de xullo de 1989)
  • Primeiro Secretario Mieczysław Rakowski (29 de xullo de 1989 – 29 de xaneiro de 1990)

Congresos do PZPR[editar | editar a fonte]