Panic! at the Disco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Panic! at the Disco
PATD.jpg
Panic! at the Disco nun concerto no 2008.
Orixe Las Vegas, Nevada, Flag of the United States.svg
Período 2004 - actualidade
Xénero(s) pop punk, rock alternativo, baroque pop
Selo(s) discográfico(s) Decaydance, Fueled by Ramen
Membros Spencer Smith
Brendon Urie
Antigos membros Brent Wilson
Ryan Ross
Jon Walker
Web oficial panicatthedisco.com


Panic! at the Disco é unha banda estadounidense de rock alternativo formada en Las Vegas, Nevada en 2004. Dende a súa creación os únicos membros permanentes foron Brendon Urie (voces, guitarra e piano) e Spencer Smith (batería).

A banda formouse e gravou as súas primeiras demos mentres os seus membros aínda estaban no instituto. Pouco despois gravaron e publicaron o seu traballo de estrea, A Fever You Can't Sweat Out (2005). Fixéronse coñecidos polo sinxelo "I Write Sins Not Tragedies", e o álbum finalmente foi certificado dobre platino. O grupo entón gravou o seu segundo disco, Pretty. Odd., editado no ano 2008. Este marcou un gran cambio con respecto ao seu priemrio disco e non acadou as cifras de vendas agardadas, porén, conseguíu a alamación da crítica.

A banda publicou o seu terceiro álbum, titulado Vices & Virtues, o 11 de marzo do 2011. O priemiro sinxelo do disco, "The Ballad of Mona Lisa", editouse o 1 de febreiro do mesmo ano.

Discografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Panic! at the Disco Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]