Pablo Benegas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPablo Benegas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xuño de 1976 Editar o valor em Wikidata (47 anos)
Donostia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , guitarrista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1994 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoGuitarra Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJosé María Benegas Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1739595 Discogs: 1864642 Editar o valor em Wikidata

Pablo Benegas Urabayen, nado en Donostia (Guipúscoa) o 21 de xuño de 1976, é un guitarrista e compositor vasco, membro do grupo pop La Oreja de Van Gogh.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É fillo do político e expresidente do Partido Socialista de Euskadi Txiki Benegas e mais de Maite Urabayen. Os seus tíos tamén están inmersos no mundo da política, pois a súa tía é a política nacionalista e presidenta do partido Izquierda Castellana, Doris Benegas. Doutra banda, seu tío é tamén un político nacionalista Luis Ocampo.

Ademais da súa carreira musical en La Oreja de Van Gogh, gravou unha curtametraxe coa súa actual muller, Eider Ayuso, chamada "La promesa".

En La Oreja de Van Gogh[editar | editar a fonte]

É o letrista, xunto con Xavi San Martín (teclista), e guitarrista do grupo. Realizou letras en solitario para os temas Pesadilla, La chica del gorro azul e Manhattan, e compuxo outros temas canda outros membros do grupo.