PWHL Ottawa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
PWHL Ottawa
Fundación29 de agosto de 2023
Cidade Otava
Ontario
Canadá
EstadioTD Place Arena
(8 585 persoas)
LigaProfessional Women's Hockey League
Director Michael Hirshfeld
Adestrador Carla MacLeod
CoresVermello, branco e negro
                 
Na rede
Facebook: PWHLOttawa Twitter: pwhl_ottawa Instagram: pwhl_ottawa Editar o valor em Wikidata

O PWHL Ottawa é un equipo feminino profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Otava, Canadá. É unha das seis franquías da Professional Women's Hockey League (PWHL). Ottawa xoga os seus partidos como local no TD Place Arena.

Historia[editar | editar a fonte]

O 29 de agosto de 2023 anunciouse que unha das primeiras seis franquías da PWHL estaría localizada en Otava.[1] Michael Hirshfeld, antigo director executivo da Asociación de Adestradores da National Hockey League, foi nomeado director xeral do equipo e anunciouse igualmente que o TD Place Arena sería o seu estadio como local.[2][3] O 15 de setembro, anunciouse a contratación de Carla MacLeod, antiga membro da selección canadense e seleccionadora da República Checa, como primeira adestradora do equipo.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wyshynski, Greg (29 de agosto de 2023). "Six inaugural franchises revealed for new PWHL". ESPN (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 1 de setembro de 2023. Consultado o 30 de marzo de 2024. 
  2. Donkin, Karissa (16 de novembro de 2023). "How PWHL Ottawa was built from scratch in less than 80 days". CBC Sports (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 1 de decembro de 2023. Consultado o 30 de marzo de 2024. 
  3. "Ottawa's pro women's hockey team to share TD Place Arena with junior 67's". Ottawa Citizen (en inglés). 2 de setembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2023. Consultado o 30 de marzo de 2024. 
  4. "Carla MacLeod named head coach of Ottawa's PWHL team". CityNews (en inglés). 16 de setembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 9 de decembro de 2023. Consultado o 30 de marzo de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]