Pílula de proxestáxeno só

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Micrografía amosando a decidualización do endometrio (como tamén se ve no embarazo) debido á proxesterona exóxena. Tinguidura hematoxilina-eosina.
Aviso médico
Aviso médico
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

As pílulas de proxestáxeno só ou pílulas de proxestina soa (PPS) son pílulas anticonceptivas que conteñen soamente proxestáxeno sintético (proxestina) e non conteñen estróxeno. Coñécese coloquialmente como a minipílula.

Aínda que ditas pílulas son ás veces chamadas "pílulas de proxesterona soa", estas en realidade non conteñen proxesterona, senón un dos varios compostos quimicamente relacionados, dos cales existen diversas formulacións anticonceptivas. Úsase como alternativa para mulleres sensibles ó estróxeno.

Eficacia e efectividade[editar | editar a fonte]

A efectividade teórica é semellante á da pílula anticonceptiva oral combinada (PAOC). Porén, esta pílula tómase continuamente sen interrupcións entre paquetes, e as pílulas de proxestáxeno só tradicionais deben tomarse nun tempo moito máis estrito todos os días (dentro de 3 horas vs. as 12 horas das PAOC). Porén, nalgúns países, a pílula de proxestáxeno só 'Cerazette' ten unha xanela aprobada de 12 horas. A eficacia é, polo tanto, dependente do cumprimento do usuario.