Tarso (pálpebra)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os tarsos palpebrais (ou láminas tarsais) son dúas grosas follas alongadas de tecido conectivo denso, duns 2,5 cm de longo, que están presentes en cada unha das dúas pálpebras (superior e inferior), ás que contribúen a dar forma e apoio. Os tarsos terminan no bordo da pálpebra. As marxes libres, ou ciliares, destas láminas son grosos e rectos.

O tarso superior, o máis grande, de forma semilunar, ten uns 10 mm de grosor no centro, espesor que se vai reducindo gradualmente cara aos extremos. É adxacente ao músculo tarsal superior. Na súa superficie anterior conecta coa aponeurose do músculo elevador superior da pálpebra.

O tarso inferior, o máis pequeno, é fino, de forma elíptica, e ten un diámetro vertical duns 5 mm.