Outeiro, Sanguñedo, Verea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Outeiro
ParroquiaSanguñedo
ConcelloVerea
Coordenadas42°05′09″N 7°54′40″O / 42.08583333, -7.91111111Coordenadas: 42°05′09″N 7°54′40″O / 42.08583333, -7.91111111
editar datos en Wikidata ]

Outeiro é un lugar da parroquia de Sanguñedo, no concello ourensán de Verea na comarca da Terra de Celanova. Tiña dez habitantes no ano 2020, dos cales sete eran homes e tres eran mulleres.[1]

Xeografía[editar | editar a fonte]

O lugar dista da capital do concello 5,3 quilómetros pola estrada OU-0206.

A aldea sitúase preto do alto do monte de Outeiro. Preto do lugar pasa o regato de Balín e o regato de Sanguñedo. No monte de Outeiro nace o regato de Quintela.

Toponimia[editar | editar a fonte]

Outeiro ven do latín altariu(m)[2], altar elevado ou calquiera cousa illada e elevada.[3]

Personaxes[editar | editar a fonte]

Aquí naceu Antonio Dorado Fidalgo, alcalde de Verea entre 1979 e 1987. Durante unha época exercería de mestre na aldea.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Igrexa de San Salvador de Sanguñedo[editar | editar a fonte]

A igrexa de San Salvador foi construída a principios do século XVIII. Segundo a inscrición do canteiro que se atopa na fachada posterior, a obra foi rematada no ano 1707. A fachada ten unha porta de lintel sinxela e remata cunha cornixa curva.[4] Nos extremos da cornixa érguense dous pináculos puntiagudos rematados en esfera. O campanario está conformado por dous arcos romanos, nos cales se atopan dúas campás, unha por arco. Por riba deste corpo hai outros dous pináculos, similares aos situados na cornixa, e mais unha estrutura triangular sobre a cal está un pararaios ornamental con forma de cruz grega.

Cruceiro do Campo de Outeiro[editar | editar a fonte]

O cruceiro de Sanguñedo está situado no Campo do Outeiro, diante da igrexa de San Salvador de Sanguñedo a medio camiño entre o lugar de Sanguñedo e Outeiro.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Sanguñedo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Sanguñedo no concello de Verea (Ourense)

Abeleda | Balín | Casal de Abade | Os Casares | Outeiro | Sanguñedo

Parroquias de Verea[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Verea

Albos (San Mamede) | Bangueses (San Miguel) | Cexo (Santo Adrao) | Domés (San Martiño) | Gontán (Santo André) | Ourille (San Pedro) | Pitelos (Santa María) | Portela (Santa Baia) | Sanguñedo (San Salvador) | Santa María de Cexo (Santa María) | Verea (Santiago)


Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Instituto Nacional de Estadística. Nomeclátor. Relación de unidades poboacionais.". www.ine.es. Consultado o 2021-02-01. 
  2. "Estudio toponímico del ayuntamiento gallego de Cedeira (España)" (PDF). Consultado o 31/01/2021. 
  3. "OTERO". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2021-01-31. 
  4. "Iglesia de San Salvador de Sanguñedo – Terra de Celanova — Serra do Xurés" (en castelán). Consultado o 2021-01-29. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]