Oti Davis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Otis Crandall Davis, nado o 12 de xullo de 1932, foi un atleta estadounidense gañador de dúas medallas de ouro nos Xogos de Roma.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Otis Davis, nacido en Tuscaloosa, Alabama comenzou xogando o baloncesto e non empezou a correr os 400 m ata os 26 anos como estudante na universidade de Oregón. Dous anos máis tarde, en 1960, foi o ano de Otis Davis. Nos xogos olímpicos de Roma gañou por pouco sobre Carl Kaufmann de Alemaña, fixando un novo record do mundo en 44,9 segundos, o primeiro home en baixar dos 45 segundos. Dous días máis tarde, Davis e Kaufmann competiron outra vez para o final dos relevos de 4 x 400 m. El sostivo do desafío, conseguindo o ouro con outro récord do mundo en 3:02.2.