Os taxis vermellos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os taxis vermellos
Título orixinalLes Taxis rouges
Autor/aPeyo
Ilustrador/aWill
OrixeBélxica
Linguafrancés
ColecciónBieito Fendeferro
Xénero(s)Banda deseñada
EditorialFrancia nº 1183 de Spirou
Galicia Editorial Casals
Data de pub.Francia 1960
Galicia 1991
Páxinas64
TraduciónMiguel Vázquez Freire
editar datos en Wikidata ]

Os taxis vermellos (Les Taxis rouges en lingua francesa) é a primeira historia de banda deseñada da serie do personaxe Bieito Fendeferro, creada por Peyo. Apareceu co título de Benoît Brisefer en 1960, entre os números 1183 e 1224 da revista Spirou, e foi publicada como álbum en 1962.

Foi traducido ao galego por Miguel Vázquez Freire, e publicado por Editorial Casals en outubro de 1991.

Trama[editar | editar a fonte]

Bieito Fendeferro é un rapaz moi educado e estudoso que vive en Vila Ledicia. Na cidade aparece unha nova compañía de taxis, que amolan ao seu amigo o taxista Caetano. Investigando, Bieito descobre que a compañía é unha tapadeira do señor Polónez para roubar os bancos e mais as xoierías da vila.

Caetano e Bieito son secuestrados e levados a unha illa deserta, pero Bieito logra escapar nunha barca, e tras desembarcar en Portugal, volve correndo á súa vila para avisar á policía.