Os Homes Salvaxes de Borneo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Waino e Plutano, Os Homes Salvaxes de Borneo, foron dous irmáns ananos excepcionalmente fortes que se fixeron famosos da man de P. T. Barnum e o seu espectáculo de monstros.

Biografía[editar | editar a fonte]

Waino e Plutano eran en realidade Hiram e Barney Davis, dous irmáns deficientes mentais nados nunha granxa de Connecticut en 1825 e 1827 respectivamente. Cada un medía un metro de alto e pesaba uns 20 quilogramos, e aínda así podían realizar fazañas de grande forza como levantar grandes pesos e loitar con xente do público no escenario. Descubertos e apadriñados por un feirante ambulante en 1850, Hiram e Barney recibiron novos nomes, Waino e Plutano, e unha incríbel nova historia - dicíase que eran da illa de Borneo, onde casualmente foran capturados despois dunha grande liorta con mariñeiros armados.

En 1880 Waino e Plutano tomaron contacto con P. T. Barnum e o seu espectáculo ambulante. Cas lendarias capacidades promocionais de Barnum, a carreira dos Homes Salvaxes de Borneo colleu pulo e durante os seguintes 25 anos a parella gañou aproximadamente un 200.000 dólares estadounidenses, o que era unha grande suma de diñeiro. As súas exhibicións consistían basicamente en realizar actos de grande forza, tales como levantar a unha persoa adulta do público e loitar cada un con dúas persoas do público. Dicíase que cada un era quen de erguer máis de 135 quilogramos.

A parella deixou de traballar cando Hiram faleceu en 1905. Barney morreu 7 anos despois en 1912. Ambos os dous foron soterrados xuntos no Monte Vernon, Ohio, baixo unha lápida onde se pode ler "Little Men" (pequenos homes).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]