Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra
A Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra é unha orquestra filharmónica da cidade de Pontevedra, fundada en 2007. O seu presidente é Francisco Javier Morgade Dobarro, e está dirixida por Javier Viceiro[1] e coordinada por Luís Costa, o director do Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga[2].
Historia[editar | editar a fonte]
No seu inicio contou con 43 membros entre profesionais e alumnos de cursos superiores, a maior parte da comarca de Pontevedra. Deu o seu concerto de presentación o 6 de xuño de 2007[3]. Está patrocinada pola Xunta de Galiza, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Pontevedra.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Una orquesta para formar público", artigo no Faro de Vigo, 7 de maio de 2010 (en castelán) (consultado o 5 de novembro de 2011).
- ↑ Conde, María. "Pontevedra cuenta con su primera orquesta filarmónica" ["Pontevedra conta coa súa primeira orquestra filarmónica]. La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 15/05/2009. Consultado o 04/11/2011.
- ↑ "Orquesta Filarmónica Ciudad de Pontevedra" Arquivado 14 de novembro de 2011 en Wayback Machine., en Ocio en Pontevedra (en castelán) (consultado o 5 de novembro de 2011).
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |