Saltar ao contido

Ordoeste, A Baña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ordoeste
Igrexa parroquial.
ConcelloA Baña[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas42°56′26″N 8°47′16″O / 42.94066372, -8.78775134
Área5,6 km²
Poboación250 hab. (2016)
Densidade44,64 hab./km²
Entidades de poboación12[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa María de Ordoeste é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Segundo o IGE en 2016 tiña 250 habitantes (134 mulleres e 116 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 311 habitantes.

En Paraxó consérvase a mámoa de Monte Agudo. O castro de Guimaráns[2] aproveita como localización o lugar máis alto que separa as parroquias de Ordoeste (A Baña) e San Mamede de Pena (Negreira), a unha altitude de 328 m no monte chamado Alto dos Castros. Presenta unha coroa tendente a circular de aproximadamente 150 metros de diámetro que está delimitada por un parapeto. O estado de conservación é aceptable.[3]

No apartado de construcións civís existiron as Torres de Braña e Reiverde, a día de hoxe desaparecidas.

Esta parroquia estivo sometido a varios cambios ao longo da historia. No 1123 o arcebispo Xelmírez cambia pola herdade Oíns (Arzúa) coa raíña Urraca. No 1868 Ordoeste queda sen os anexos de San Vicenzo e San Salvador, quedando con San Xoán de Barcala. Este cambio foi obra do arcebispo García Cuesta.

Ao longo do século XIX sufriu duras contribucións e impostos. En 1809 por orde do Goberno requisan gando vacún para lle subministrar ao exército. Tamén lle afectou a desamortización.

No ano 1864 as aldeas de Casa de Antelo e Eiroa solicitaron pertencer a Ordoeste, pero non o conseguiron.

A igrexa parroquial foi construída en diferentes etapas, polo que ten variedade de estilos arquitectónicos, destacando o barroco[4].

[editar | editar a fonte]
  • Muíño do Río Verde, moía a metade do ano, con auga dese río.
  • Riente Rial, de Benito de Villar, moía a metade do ano coas augas do río de Broño (Rego de Rial).
  • Riente Rial, de Andrés Antelo e consortes, ídem.
  • 2º sábado de maio: As Dores
  • 2º domingo de maio: Santo Antonio
  • 15 de agosto: Santa María
  • 16 de agosto: O Sacramento
  • 1º domingo de setembro: O Carme

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Ordoeste

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Ordoeste no concello da Baña (A Coruña)

Busto | O Canle | O Cardal | Cotobade | O Couto Carballo | O Cruceiro | Guimaráns | Paraxó | Portofolgueiro | Reiverde | Rial | O Souto

Parroquias da Baña

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias da Baña

A Baña (San Vicenzo) | Barcala (San Xoán) | O Barro (Santa Mariña) | Cabanas (San Miguel) | Corneira (San Cristovo) | A Ermida (San Salvador) | Fiopáns (San Pedro) | Lañas (Santa Baia) | Marcelle (Santa Cristina) | Ordoeste (Santa María) | A Riba (San Xoán) | San Cibrán de Barcala (San Cibrán) | Sanamede do Monte (San Mamede) | Suevos (San Mamede) | Troitosende (Santa María)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]